lunes, 29 de noviembre de 2021

O OFICIO DE ESCENÓGRAFO: MARINA REGIDOR NOS ENVÍA VIDEOCONSELLOS

Para coñecer o oficio de escenógrafo, conectamos con Marina Regidor a través de videoconferencia. Para o seu TFG en comunicación audiovisual hai xa varios anos, creóu escenografías para cortos de animación e contounos que o máis importante nunha escenografía é a coherencia de tódolos elementos. Debemos ter moi claro o lugar e o tempo onde se desenvolve cada acto para utilizar os elementos adecuados.

Dixo tamén que hai moitas formas de crear unha boa escenografía segundo a intención do artista escenógrafo. Hai escenografías moi simples, pero tamén hai montaxes complexos que requiren un traballo de profesionais moi especializados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍAS DE MOITA ACTIVIDADE

Hoxe mesmo tivemos "obradoiro extra" de escenógrafos e fugurninistas!! A verdade é que adiantamos bastantes cousas porque agora pr...