viernes, 29 de octubre de 2021

O TEMA

 Xa decidimos o tema da nosa Ópera. O tema será Seres queridos

Todos os nosos obxectos importantes falaban de seres queridos e persoas importantes na nosa vida. Había varios nomes propostos: A familia, as persoas importantes, os amigos, os seres queridos..

Decidimos "Seres queridos", porque inclúe á familia, amigos, persoas importantes e tamén mascotas e animais.











martes, 19 de octubre de 2021

O OFICIO DE PERRUQUEIRA MAQUILLADORA: VISITA DE MARI LUACES

Para poder crear unha ópera, son necesarios moitos oficios traballando xuntos.

Hoxe tivemos a visita de Mari Luaces que nos enseñou o seu oficio perruqueira e maquilladora. Peinou a Claudia e maquillou  duas caretas.

Encantounos e aprendimos un monton! Moitas gracias Mari!




(Entrada publicada por Sabela)

viernes, 15 de octubre de 2021

BUSCAMOS UN NOME E DESEÑAMOS UN LOGO

Non foi moi fácil buscar un nome, pero ao final chegamos a un acordo. Había dous nomes que gustaban moito: As formigas e  A familia. Fixemos unha especie de unión entre os dous e decidimos que o nome da compañía sería FAMILIFORMI. Pero levou moito tempo a decisión. É moi importante ter un nome.










Este é noso logo!!!


miércoles, 13 de octubre de 2021

FACEMOS DINÁMICAS E RESOLVEMOS SITUACIÓNS

Cada día,comezamos cunha dinámica de grupo ou un reto que temos que superar. Son divertidos e debemos estar atentos e concentrados para conseguilos. 











Cada día escribimos as nosas reflexións sobre as dinámicas e retos que facemos!

lunes, 4 de octubre de 2021

SOMOS UNHA COMPAÑÍA DE ÓPERA

 Benvidos ao noso bloque! 

Somos FAMILIFORMI compañía de ópera. Somos FAMILI porque queremos estar unid@s como unha familia, e somos FORMI porque nos inspira a forma de traballar das formiguiñas. Estamos en 3º de primaria, no cole de Cariño (A Coruña), e durante este curso traballaremos o proxecto LÓVA.

https://proyectolova.es/                     

Empezamos en setembro e xa temos nome. Agora estamos facendo un logo e profundizando en cousas importantes, para buscar un tema e crear a nosa propia ópera.

Contarémosvos por aquí os pasos que imos dando!













DÍAS DE MOITA ACTIVIDADE

Hoxe mesmo tivemos "obradoiro extra" de escenógrafos e fugurninistas!! A verdade é que adiantamos bastantes cousas porque agora pr...