lunes, 29 de noviembre de 2021

O OFICIO DE ESCENÓGRAFO: MARINA REGIDOR NOS ENVÍA VIDEOCONSELLOS

Para coñecer o oficio de escenógrafo, conectamos con Marina Regidor a través de videoconferencia. Para o seu TFG en comunicación audiovisual hai xa varios anos, creóu escenografías para cortos de animación e contounos que o máis importante nunha escenografía é a coherencia de tódolos elementos. Debemos ter moi claro o lugar e o tempo onde se desenvolve cada acto para utilizar os elementos adecuados.

Dixo tamén que hai moitas formas de crear unha boa escenografía segundo a intención do artista escenógrafo. Hai escenografías moi simples, pero tamén hai montaxes complexos que requiren un traballo de profesionais moi especializados.





lunes, 15 de noviembre de 2021

O OFICIO DE DIRECTOR DE PRODUCIÓN: VISITA DE ALVARO RAMIL

Que interesante a visita de Álvaro! Alvaro é grao en Comunicación Audiovisual e conta con numerosos traballos en diferentes ámbitos destacando o vídeo e fotografía. Explicounos moi ben en que consiste o oficio de director de produción e rexedor. Son os profesionais que se encargan de coordinar que todo estea a punto para que un espectáculo se poda representar. Deben estar pendentes de moitas cousas e ser persoas moi organizadas.

Púxonos moitos exemplos de enormes producións internacionais que necesitan anos para a súa realización.





lunes, 8 de noviembre de 2021

O OFICIO DE COMPOSITORA: VISITA DE FANI PEREZ YAÑEZ

Hoxe veu á escola Fani e nos ensinou o oficio de compositor musical. Fani e mestra de música e desenvolve a súa actividade musical na Escola de Gaitas de Ortigueira, de sona internacional polo Feltival do Mundo Celta.

 Dixo que  na musica hai sempre ritmo, melodía e armonía. O son ten ademais outras cualidades como timbre, tempo e ton.

Analizamos varias pezas moi distintas e comprobamos que cada unha delas nos transmitía emocións diferentes. 

Todas as persoas temos a capacidade de crear cancións con certa armonía combinando ritmos e melodías coa nosa voz. Así o faremos!





DÍAS DE MOITA ACTIVIDADE

Hoxe mesmo tivemos "obradoiro extra" de escenógrafos e fugurninistas!! A verdade é que adiantamos bastantes cousas porque agora pr...