lunes, 28 de marzo de 2022

TEMOS UNHA NOVA COMPAÑEIRA!

Hoxe veu unha compañeira nova que se chama Agata.  E veu de Ucrania, dunha cidade que se chama Odesa. Fixemos a dinámica de presentación para que nos vaia coñecendo.Tamen estamos ensinándolle o traballo da compañia para que comprenda o que facemos. Para comunicarnos usamos o ingles, un traductor e moitos pictogramas coma os de Hugo. Seguro que virán máis compañeiros dela de Ucrania.

Benvida, Agata!





martes, 22 de marzo de 2022

A ESTRUTURA DRAMÁTICA

Os nosos personaxes necesitan unha historia. Pensando e pensando, falando e falando nacen as ideas..
Temos algo: Alicia, Bruno, Clara, Daniela e Erik son compañeiros nun obradoiro de teatro. Ao rematar o curso, os monitores organizan unha acampada..
Aí empeza todo!!! Empezamos a pensar, debuxar e escribir!







Deseñamos unha trama en tres actos:

ACTO 1. Os cinco compañeiros chegan ao lugar de acampada á tardiña. Organizan todo o necesario para pasar a noite. Encenden un lume para reunirse a charlar e compartir experiencias.

ACTO 2. Todo semella ir ben pero algo altera e tranquilidade do grupo e crea confusión.

ACTO 3. Resólvense os malos entendidos







Os guionistas empezan a traballar no guión. Hai partes do texto que as deseña toda a compañía e outras que as redactan eles. O guión é o punto de partida para o traballo dos demáis oficios.





miércoles, 9 de marzo de 2022

O RETO DAS SILLAS

Foi moi divertido facer o reto das sillas. Cometimos algún erro pero cada vez estabamos máis atentos para que a silla non fora ocupada..











DÍAS DE MOITA ACTIVIDADE

Hoxe mesmo tivemos "obradoiro extra" de escenógrafos e fugurninistas!! A verdade é que adiantamos bastantes cousas porque agora pr...